Os cambios de Carretando
COMUNICADO
Novo ciclo polÃtico, nova vida! E dende Carretando non estivemos totalmente de vacacións durante estes meses (que si, que tamén). O parón que fixemos, obrigadxs polas circunstancias académicas e a falta de tempo, serviu para ver con calma o que fixeramos ata o de agora: tres episodios do podcast moi ben recibidos pola comunidade, unha narrativa con personalidade e contidos lentos, amais de tres newsletters onde tamén houbo espazo para recomendacións, microtribunas de opinión e editoriais. E entre todo iso, un vertixe e unha ilusión abrumadoras.Â
Porén, volvemos con ganas de máis xornalismo lento e divulgación politolóxica. De tecer redes e sumar dende unha visión da polÃtica galega máis constructiva que destructiva, coa subxectividade e a honestidade coma principais valores. E volvemos tamén con cambios.Â
O primeiro: abrimos o espectro. Carretando pasa de ser exclusivamente un podcast a unha plataforma colaborativa. É dicir, un espazo multimedia onde agromen pezas textuais, podcasteiras e audiovisuais, coordinadas pola redacción central; as novas xeracións precisamos de tribunas dixitais onde poder escribir, falar e gravar. E a iso imos, a expoñer con claridade a nosa vontade de recibir, analizar e publicar a voces xornalÃsticas e politolóxicas alternativas. Estades invitados a achegar propostas!Â
O segundo: o compromiso mÃnimo dun podcast ao mes, enriquecido con outros formatos. O podcast de Carretando será a unidade mÃnima e principal que faremos, mais tentaremos incorporar análises complementarios, columnas de opinión e cápsulas podcasteiras a maiores sobre o tema monográfico a tratar. Crearemos asà un retrato global a partir do conxunto de formatos, aproveitando todo o material, pero sempre co podcast na primeira liña de contido.Â
O terceiro: un rediseño da nosa identidade visual e unha páxina web de referencia. Mantendo os elementos que nos definen, coma as cores ou a autocaravana, dámoslle unha volta á nosa imaxe e estrearemos unha marabillosa páxina web que nos permitirá aglutinar todos os nosos contidos e contar cunha referencia para a construción da marca.Â
Estas tres transformacións son o eixo do novo Carretando, o teu espazo de xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana; uns xornalistas e politólogos da xeración Z que se atopan, nestes momentos, nos vieiros da polÃtica galega. Xa non só na AP-9, senón en todos eses camiños que están feitos a forza de pasaren ou, simplemente, pendentes de facer. Só hai que traballalos moito!
Grazas a todas e todos por estar connosco de novo. Vémonos pronto, nos próximos dÃas, para tomarnos eses cafés que quedan en débeda.